File talk:Videotitorial5 Configurar tradutor contido.webm

From Wikimedia Commons, the free media repository
Jump to navigation Jump to search

Texto do vídeo[edit]

Por se no futuro alguén quere poñer os subtítulos ó vídeo, na opción de Timedtext, o texto está abaixo. Saúdos, --Elisardojm (talk) 08:18, 28 March 2020 (UTC)[reply]

Ola, este é un videotitorial para explicar como configurar a ferramenta do Tradutor de contido da Galipedia.

As vantaxes desta ferramenta son que integra un tradutor automático. que mantén o formato wiki. e traduce tamén as ligazóns ós artigos en caso de que existan na Galipedia.

O primeiro que hai que facer é acceder coa nosa conta indicando o noso usuario e contrasinal.

Para activar a ferramenta ten que ir á pestana "beta".

Aí ten que buscar o apartado "Tradución de contido".

Hai que marcar o seu cadro e gardar.

Agora xa pode usar a ferramenta.

Pode acceder a ela na ligazón de "contribucións". seleccionando "Traducións".

Nas ligazóns da esquerda está a axuda.

Se tes dúbidas podes deixar un comentario na taberna.

Licenza do modulador de voz[edit]

Oes User:Elisardojm, o modulador de voz e a voz empregados teñen unha licenza libre que permita mesmo uso comercial? cales son esas licenzas? onde constan?

E que, de telas, ábrese unha infinidaaade de posibles usos. Habería que darlle publicidade a isto na taberna de gl.wiki. Non si?

(chamo, tamén, a consultas a User:Banjo) . HombreDHojalata.talk 11:19, 2 April 2020 (UTC)[reply]

@HombreDHojalata: É licenza open source, GPLv3: [1]. O único problema que lle vexo é que é unha aplicación de escritorio, iso limita bastante as posibilidades de integración directa. Podería usarse para crear versións faladas dos artigos e logo subilas a Commons e ligalas nun cabezallo nos artigos, pero quedarían obsoletas rápidamente, os artigos mudan moito co tempo. Banjo tell me 11:49, 2 April 2020 (UTC)
Daquela, @Elisardojm: , tódalas fichas de tódolos ficheiros feitos con Cotovía deben incluír o Template:GPLv3, ou similar, non si?
Por outra banda, @Banjo: , a páxina de marras [2] di ("while each of the avaliable speaker voices has its own license") ou sexa que, amais do programa, cada unha das voces ten a súa propia licenza, que non ten porqué coincidir coa do programa. ¿Sabemos se consta en algures a licenza de, por exemplo, "Sabela (female)"? --. HombreDHojalata.talk 10:53, 3 April 2020 (UTC)[reply]
@HombreDHojalata: Segundo as notas de licenza dos paquetes das voces, as de Iago e Sabela son CC-BY-SA 3.0. Os ficheiros deberían levar tamén a maiores do CC-BY-SA 3.0 o marcador de GPLv3, por ser a licenza do código fonte do programa. Banjo tell me 11:08, 3 April 2020 (UTC)
Entendo que non hai que engadir o modelo GPL porque o que hai no ficheiro é a saída do programa. Saúdos, Elisardojm (talk) 11:17, 3 April 2020 (UTC)[reply]